Os veciños denuncian a presenza de augas fecais en Pintor Rafael Alonso e Fernández Ladreda
Por Redacción
Veciños da rúa Pintor Rafael Alonso e da avenida Fernández Ladreda denuncian a presenza de augas fecais nestes viais derivada dun atascos na rede de desaugadoiros.
Segundo informan, esta situación están a sufrila desde o pasado luns 25 de setembro sen que, ata o momento, se teña intervido para arranxala.
Indican que a vertedura se estende polas beirarrúas e orixina mal cheiro nesta contorna.
Por este motivo, reclaman do goberno local unha rápida intervención para arranxar o problema.