Vaipolorío e usuarios da Fundación Juan XXIII retiran 70 quilos de lixo dos Gafos
Por Redacción
Integrantes do colectivo Vaipolorío e da Fundación Xoán XXIII participaron este sábado, como xa é tradicional durante os últimos anos, na limpeza simultánea denominada "Móllate polos ríos", unha iniciativa que pon en marcha o Proxecto Ríos.
Durante a xornada de limpeza no tramo urbano do río dos Gafos participaron 16 persoas voluntarias e retiráronse 70 quilos de lixo.
A actividade estivo coordinada por Susana Pérez nunha xornada na que o bo tempo axudou a que se puidese desenvolver estes traballos sen incidencias.