Reparten entre os veciños o compost producido polo módulo comunitario de Portonovo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este xoves repartíronse 500 litros de compost entre os veciños participantes no módulo de compostaxe comunitaria instalada no parque do Espiñeiro, en Portonovo.
Desde o mes de febreiro, e tras catro meses de funcionamento, este composteiro comezou a producir o seu propio compost nos seus seis módulos que posteriormente se aumentaron con dous máis.
O material entregouse tras unha revisión de Carlos Silva, o mestre composteiro da zona, distribuíndo a parte máis fina e devolvendo ao depósito os residuos máis grosos.
Aos poucos vai aumentando o número de veciños que achegan os residuos orgánicos a esta zona, tendo así unha media de enchido de depósito de 16 días.