Arranxan o estancamento de auga nun tramo do Sendeiro Azul
Por Redacción
Os camiñantes que percorren durante todo o ano o Sendeiro Azul poderán concentrarse en gozar da beleza natural de Portasouto, en lugar de andar esquivando as balsas de auga e barro. O camiño tradicional de terra e pedra está a ser drenado polo Concello para facilitar o tránsito non só dos sendeiristas, senón tamén dos habitantes das tres vivendas existentes na zona.
Os operarios municipais están a instalar seis grellas para a recollida das augas pluviais.
Compoñen un total de 17 metros de canle, que desauga a carón do camiño tradicional. Ademais colocaron na parte máis baixa outros 20 metros de tubo de drenaxe que, cos seus rexistros, facilitará a circulación das augas pluviais.
Desta volta queda solucionado un problema que ven de antigo. O goberno local optou por unha actuación branda e respectuosa coa contorna, dun gran valor paisaxístico e etnográfico. Por este motivo descartou o asfaltado deste tramo do camiño e optou pola preservación do firme orixinal.
Por outra banda, o alcalde, Andrés Díaz confirmou aos veciños que os 1,3 quilómmetros de pista municipal que enlazan o camiño coa estrada autonómica PO-234 serán reasfaltados o ano próximo, gracias á inclusión da obra nas previsións orzamentarias para 2018. A pista atópase nunhas condicións moi defectuosas e as sucesivas campañas de tapado das fochancas só serviron como remedio provisional.