Feridas dúas persoas nunha colisión frontal entre dous turismos en Moraña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión frontal entre dous turismos rexistrada este xoves no municipio de Moraña.
O accidente tivo lugar sobre as 12.20 horas ao colidir de xeito frontal dous coches na estrada de Moraña a Cuntis, ao pasar o lugar de Souto, PO-226 no quilómetro 3, segundo os datos facilitados polo 112.
Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou dúas ambulancias asistenciais que trasladaron a dúas persoas feridas ao hospital pontevedrés Miguel Domínguez.