Organizan un curso para orientar a futuros emigrantes en Alemania
Por Oskar Viéitez
O Centro Asociado á UNED de Pontevedra explicará o mercado laboral alemán a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as características específicas de dito mercado e as peculiaridades desta sociedade.
As altas cifras de desemprego e a inestable situación económica do país fixeron que moitos españois consideren na actualidade a emigración como unha posibilidade de mellora das súas oportunidades laborais e nivel de vida. Alemania é a día de hoxe, un dos destinos favoritos da maioría dos mozos debido á próximidade xeográfica e ás oportunidades existentes no seu mercado laboral.
Con esta finalidade, achegar a realidade socio-económica do país da canciller Angela Merkel a aquelas persoas interesadas, o Centro Asociado á UNED de Pontevedra organizará as xornadas "Vivir e traballar en Alemania" os días 19 e 20 de Abril.
Neste curso, os asistentes tamén elaborarán un curriculum en alemán e someteranse a un simulacro de entrevista laboral. O curso terá un custo de 20 euros.