Comeza o plan especial de limpeza de embornais
Por Redacción
O Concello de Pontevedra a través da empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento, Viaqua, inicia esta semana o plan de mantemento e limpeza de embornais na cidade para preparar a rede fronte ao vindeiro inverno e evitar así posibles atascos coa chegada das primeiras choivas.
Aínda que estas tarefas se realizan durante todo o ano, intensifícanse notablemente durante os meses de setembro a novembro, acometendo a limpeza a fondo das canalizacións subterráneas e as redes de sumidoiros.
O obxectivo destes traballos preventivos, nos que participan 12 operarios ademais de camións e máquinas de limpeza, é garantir que os elementos do sistema de sumidoiros estea ao máximo da súa capacidade hidráulica para evacuar sen problemas as choivas.
Durante este ano completouse a limpeza dos 18.211 pozos e 525.901 metros de redes de sumidoiros; e limparonse máis de 8.575 embornais e 5.500 metros de reixas.
A colaboración cidadán para manter en correcto estado a rede é imprescindible polo que se aconsella non verter á rede de pluviais produtos como lixivia, xabón ou pintura, xa que acaban directamente nas canles fluviais.