A listaxe de espera para as escolas infantís públicas na provincia ascende a 551 solicitudes
Por Redacción
Este martes comezaba o curso nas escolas infantís de 0 a 3 anos da 'Galiña Azul' con 2.889 escolares admitidos nos distintos centros da provincia. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou as instalacións da escola infantil de Monte Porreiro, en compañía do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
Este centro pertence á Consellería de Política Social e conta con 53 menores matriculados dun total de 61 prazas ofertadas. Catro delas están reservadas para emerxencias e, segundo a información facilitada pola Xunta, 19 quedaron vacantes.
A lista de espera na provincia ascende a 551 solicitudes que se poden acoller ao programa do bono concilia e recibir unha axuda que oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais en función da renda familiar para contribuír ao pago da praza na escola infantil que elixan e que non conte con financiamiento por parte da administración.
A oferta para toda Pontevedra é de 3.354 prazas, entre as que hai 181 para emerxencias e 17 para menores con necesidades especiais. O número de vacantes é de 287. A maioría delas correspóndense con prazas non cubertas do grupo de menores de 1 ano.
A Xunta anuncia que por primeira vez, tanto nas escolas xestionadas pola axencia como nas dependentes do consorcio, existe a opción de solicitar un traslado de centro dentro dun mesmo municipio por motivos de cambio de domicilio ou de lugar de traballo e fóra dos prazos ordinarios.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de Pontevedra, segundo Política Social, responden á demanda existente
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara: O profesor que supervisa a Educación en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Comeza o curso na Escola Infantil da Parda co obxectivo de mellorar o patio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |