VIDEO.- O cemiterio de San Amaro disporá dunha pradería para esparcir cinzas e un espazo para cerimonias civís
Por Oskar Viéitez
A concelleira responsable de cemiterios, Carme Fouces, presentou este mércores a iniciativa "Voltar á terra", pensada como unha pradería para esparcir as cinzas no recinto de San Amaro e que medrou ata converterse nun ambicioso proxecto que quere "dar resposta a crecente demanda da xente" dun lugar para facer unha cerimonia civil, unha despedida aos seus seres queridos dunha maneira diferente.
Nunha parcela de 5.800 metros cadrados do cemiterio de San Amaro habilitarase unha grande pradería para esparcir cinzas e instalar columbarios e sepulturas para as furnas funerarias, e nas que se poda colocar placas en lembranza dos mortos.
Ademais haberá un espazo, con parte cuberta, para que a xente organice actos civís de despedida dos seus.
A concelleira lembrou que "os enterramentos están cambiando, como está cambiando a sociedade" e a incineración vai en aumento.
Neste espazo de Voltar á Terra, deseñado polo estudo de arquitectos ARC+S, está prevista a construción de 1.083 columbarios (uns en terra e outros múltiples, en columna). En cada columbario poderá inscribirse unha placa coa referencia do falecido, dando á familia a posibilidade de deixar as cinzas ou ben a furna na que se topan as cinzas.
As obras comezarán tan pronto remate a tramitación administrativa do proxecto. "Comezarán canto antes" sinalou Carme Fouces quen agarda contar co novo espazo para novembro do 2018.
Relacionadas:
-
Pistoletazo de saída para o proxecto que creará 312 columbarios e unha zona para cerimonias laicas en San Amaro
Por Natalia Puga |
-
A Policía Local pon en marcha un operativo de tráfico nos camposantos
Por Oskar Viéitez |
-
A parcela para esparexer cinzas estará disponible en San Amaro antes de final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
San Amaro terá unha parcela para 'volver á terra' e esparexer as cinzas dos falecidos
Por Natalia Puga |
-
Lourizán contará con 20 novos nichos e San Amaro cun maior depósito de cinzas
Por Redacción |