Os campamentos polideportivos de Príncipe Felipe recibiron 300 nenos durante o verán
Por Redacción
Os campamentos polideportivos de Príncipe Felipe clausuraron este sábado o verán despois de recibir 300 nenos e nenas da provincia durante os meses de xullo e agosto.
En total foron seis quendas de 50 nenos e nenas cada unha, de entre 8 e 14 anos, nas que os participantes gozaron dunha estadía dunha semana na residencia de Príncipe Felipe practicando novos deportes e diferentes actividades no medio dunhas xornadas de convivencia.
As actividades programadas estiveron relacionadas coa natureza, o deporte, os xogos ou actividades acuáticas. Todas elas co obxectivo de ensinar aos pequenos para desenvolverse pola súa conta, afastados uns días da súa familia, e potenciando as súas relacións sociais.
Na última xornada dos campamentos a deputada Chelo Besada salientou a gran demanda recibida este ano e a implicación de todos os mozos nas diferentes actividades.