As atraccións das festas de Sanxenxo sométense a revisión
Por Redacción
Por primeira vez o Concello de Sanxenxo encargou a unha empresa externa, Enmacosa, a revisión da montaxe e funcionamento das atraccións das festas para garantir a súa seguridade.
Ata agora requiríaselle aos responsables de cada unha das atracicones un documento que certificase a seguridade das mesmas.
Desta forma preténdese minimizar na medida do posible o risco de accidentes e garantir a seguridade do público durante os días de celebración.
A revisión realizouse na totalidade das 19 atraccións instaladas no recinto das festas, cun orzamento de 6.900 euros.
Unha vez realizada a inspección a empresa deu o visto e prace para a apertura e posta en funcionamento dos carruseis.