O PP de Ponte Caldelas cre que o goberno de Díaz debe dimitir pola perda da bandeira azul
Por Redacción
O Partido Popular lamenta a perda da Bandeira Azul da praia da Calzada, a única que se concedeu en España a unha praia fluvial. Os populares consideran que o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, é o principal culpable desta perda aínda que agora pretenda trasladar a responsabilidade á Xunta de Galicia onde se está tramitando a subvención.
O grupo popular indica que se fose un problema coa xestión da Xunta, o alcalde debería contratar os socorristas co plan de emprego da Deputación e utilizar a subvención para outra cousa.
Critican ao goberno local por non enviar a oferta de contratación de socorristas ao INEM ata o 14 de xuño, cando a maioría dos concellos galegos xa contrataran a persoal para este servizo.
Os populares sinalan que con este goberno, Ponte Caldelas perdeu o CIM, a agrupación de Protección Civil e a Bandeira Azul. Apuntan a que "se tivesen un mínimo de vergoña dimitirían".
Ricardo Castro, portavoz popular, sinala que A Calzada é a primeira praia fluvial con Bandeira Azul e a primeira en perdela por "a ineptitude duns gobernantes máis preocupados polas festas que por traballar polo seu municipio".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas renuncia á bandeira azul da Calzada pola falta de socorristas
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas defende que a falta de socorristas é "un problema temporal" alleo á súa xestión
Por Redacción |
-
Sen socorristas na praia fluvial da Calzada "por falta de previsión", denuncia o PP
Por Redacción |