Bueu entrega composteiros individuais de Sogama
Por Redacción
O Concello de Bueu entregaba este venres ao mediodía os composteros individuais doados por Sogama no marco dun convenio coa empresa pública encargada da xestión de residuos en Galicia.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, asistía a este acto sinalando que é importante que a cidadanía reduza os residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo.
Os usuarios que recibiron este material participarán no programa de compostaxe doméstica, que será levado a cabo pola Asociación Amigos da Terra que ensinará aos veciños como realizar o proceso, ademais de realizar unha inspección para comprobar os resultados.
Esta iniciativa forma parte dunha campaña posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Desde o goberno local faise un chamamento para que todas as persoas interesadas en solicitar un compostero póñanse en contacto co Concello a través do teléfono 986.390.029 ou utilizando o correo comunicacion@concellodebueu.org
Ademais destes individuais, en Bueu atópanse en funcionamento dous composteros comunitarios, instalados pola Deputación de Pontevedra.