Un neno resulta ferido ao ser atropelado por un ciclista en Vilagarcía
Por Redacción
Un neno resultou ferido na tade deste mércores tras sufrir un atropelo en Vilagarcía de Arousa. Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencia de Galicia 112, foi arroiado por un ciclista.
Os feitos ocorreron sobre as 19.25 horas deste mércores na Praza de Galicia, na baixada da rúa Castelao. Un particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia nese momento indicando que o menor se atopaba accesible.
O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que atendeu ao menor ferido e finalmente procedeu ao seu traslado a un centro hospitalario.
Ao lugar tamén se desprazaron a Policía Local de Vilagarcía, os Bombeiros do Salnés e Protección Civil.