Unha persoa resulta ferida ao ser atropelada en Concepción Arenal
Por Redacción
Unha persoa resultaba ferida na tarde deste mércores en Marín ao ser atropelada por un turismo.
O suceso rexistrábase en cálea Concepción Arenal, segundo alertaron os efectivos sanitarios ao 112 Galicia ás 15.50 horas. O persoal do 061-Urxencias Sanitarias tamén indicaba que mobilizaran unha UVI medicalizada ata o punto onde se rexistrou o atropelo.
Desde a central do Servizo de Emerxencias do 112 informábase os Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil e á Policía Local.