Cinco grupos participarán no primeiro Festival Pousos da Area
Por Redacción
A Asociación Folclórica Pousos da Area organiza este sábado 5 agosto o seu primeiro Festival co obxectivo da difusión do noso folclore ó público en xeral a través dunha mostra de grupos de diferentes zonas.
O entorno onde se enmarcará o evento é o auditorio ó aire libre da Granxa de Briz en Marín.
Os grupos participantes son Retrouso (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia), Maianas (Ames), Picuíña (Marín).
Cada grupo fará unha actuación de 15 minutos e o grupo anfitrión, Pousos da Area, fará dous pases ó comezo e ó remate do Festival.
O Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra colaboran na organización desta actividade.