A nova empresa de limpeza viaria de Marín inicia a súa actividade este martes
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A empresa Recolte, nova adxudicataria do servizo de limpeza viaria de Marín, inicia este martes a súa actividade, segundo indicaron fontes do Concello. Está realizada a transferencia de persoal e dos medios materiais á nova empresa e ó concello por parte da ata agora concesionaria Urbaser.
Fai un ano iniciouse o expediente de Contratación cun procedemento aberto e o pasado mes de maio o goberno local sacou adiante no pleno de onte a adxudicación provisional á empresa Recolte Servizos e Medio Ambiente SAU do novo contrato do lixo. Licitouse por 1,4 millóns de euros para un período de oito anos, sen prórroga.
A oferta económica presentada por Recolte estaba inicialmente incursa en baixa, que logo xustificou sendo admitida.
O concello, a través dos técnicos responsables de servizo están facendo un "esforzo para que os veciños non sofran as consecuencias e aprecien este cambio paulatinamente para mellor, xa que nos últimos meses e ante a finalización do contrato anterior, as queixas se incrementaron, o que se intentará é de ir mellorando, pero haberá que dar un marxe de adaptación".