Sorpréndeno cunha garrafa chea de gasoil tras vaciar o depósito de varios vehículos
Por Redacción
A Garda Civil de Pontevedra detivo na madrugada deste mércores a J.M.L.I., de 40 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor dun delito roubo de gasoil en dous vehículos estacionados na vía pública de dita localidade.
Os feitos sucederon sobre as 03:00 da madrugada cando unha patrulla da Garda Civil sorprendeu ao detido cunha garrafa con gasoil, unha navalla multiusos, unha mangueira e unha chave de tubo, camiñando pola vía pública.
Despois de que os compoñentes de dita patrulla comprobasen como os tapóns dos depósitos de gasoil de dous vehículos foran forzados, procederon á súa detención.
O detido, que compareceu ante o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, quedou en liberdade con cargos.