A Xunta pecha catro escolas unitarias nas Rías Baixas ante a escaseza de alumnado
Por Redacción
A Consellería de Educación revisou a matrícula dos centros escolares públicos de educación infantil, primaria e especial para o próximo curso 2017-18 e, como en anos anteriores, expúxose adecuar o número de escolas ao de alumnos matriculados en cada centro educativo.
A decisión supón o peche de 9 escolas unitarias, en toda Galicia, catro delas nas Rías Baixas. Está previsto que deixe de funcionar a EEI Monte da Vila, no Grove, que conta con catro escolares; a escola de Portosanto en Poio, con outros catro, do mesmo xeito que a de Tremoedo en Vilanova de Arousa e a de Xil-Meaño, en Meaño con cinco alumnos matriculados.
A Consellería sinala que estes escolares teñen asegurada unha praza noutro centro educativo próximo. Esta decisión da Consellería, segundo expoñen desde a Xunta, responde a obríga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos que se sosteñen con fondos púlbicos, atendendo ás necesidades educativas de cada zona.