Louzán presume de amigos en Facebook
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presume das súas amizades en Facebook. Non o fai en persoa, pero si que sacan peito dende a institución que dirixe. E por un motivo xustificado. A pontevedresa é a cuarta española en número de seguidores na popular rede social.
No ranking das 31 deputacións provinciais que manteñen algún tipo de presenza en Facebook, a de Pontevedra é a cuarta de España en número de fans, con 14.526 rexistrados, só por detrás de Gerona (41.496), Valencia (36.713) e Alicante (16.067).
Segundo informan nun comunicado, o datos da Deputación de Pontevedra en Facebook están por riba de deputacións como as de Málaga (11.789), Guipuzcoa (10.892), Alava (10.570) ou Lérida (8.361) e moi por riba do resto das deputacións galegas que teñen 5.606 seguidores no caso da de Lugo, 899 da de Ourense e 344 no caso da Deputación de A Coruña.
No estudio comparativo da presencia en Facebook das deputacións provinciais en España, que fai referencia a datos do pasado mes de febreiro, dase o caso de que só as de Valencia, Málaga e Pontevedra manteñen presenza en todas as categorías recollidas no estudio, é decir apartados como os relativos á información da propia institución, do Turismo ou da Cultura.
Os datos do mencionado informe establecen que a Deputación de Pontevedra tén unha audiencia potencial de 722.691 personas que son as que están vencelladas aos fans, ou seguidores, da páxina da institución pontevedresa e que poden ser alcanzados polos contidos difundidos. A viralidade (o alcance da redifusión dos contidos por parte dos fans) é de 395.270 personas.
Por localidades, destaca que as maiores entradas no Facebook da Deputación de Pontevedra son Pontevedra e Vigo, primordialmente, seguidas, nun nivel medio, por Santiago de Compostela, A Coruña, Madrid e Lalín e, máis baixo, entradas dende vilas como Marín, Cangas, Redondela, Ponteareas, Lugo, Cambados ou Ponferrada.
O Facebook do Museo de Pontevedra tén 3.743 fans, unha audiencia potencial de 818.562 personas e unha viralidade de 455.456. Os datos do das Pousadas do Salnés son os seguintes: fans, 2.773; audiencia potencial de 1.412.815 personas; e unha viralidade de 268.853.