Quéixanse da "brutal carga de traballo" que sofren os empregados da concesionaria da limpeza en Sanxenxo
Por Redacción
Comisiones Obreras denuncia que a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria en Sanxenxo, Ascan, está a incumprir o prego de condicións da concesión no que se establecía a contratación de 30 traballadores máis dos que realicen o servizo habitual. O sindicato sinala que só se contrataron a 10 empregados.
O secretario de organización da central, José Luis García Pedrosa, indica que a carga de traballo á que se ve sometida o persoal resulta brutal, xa que o servizo está a prestarse de maneira eficiente.
Reclaman ao goberno local que lidera Telmo Martín que esixa á empresa que realice toda a contratación de persoal que lle obriga o prego de condicións de contratación do servizo, cun aforro substancial dos custos de persoal.
García Pedrosa entende que "non é de recibo que o actual gobiernoo municipal mire para outro lado e permítalle a Ascan incumprir palmariamente coas súas obrigas". Denuncia que detrás desta actitude está a darse unha conduta neglixente no control da empresa e de colaboración cunha empresa que ataca a dignidade dos traballadores ao obrigarlles a manter ritmos de traballo "propios dos tempos da escravitude".