O PP reclama a licitación do servizo de cafetería no Pavillón Municipal dos Deportes
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra presentará unha moción no próximo pleno da corporación para instar o goberno local á reapertura da cafetería do Pavillón Municipal dos Deportes.
Este servizo leva un ano pechado tras caducar a última das tres prórrogas outorgadas á empresa concesionaria o mes de xuño do ano 2016.
"Es, sin temor a equivocarme, la instalación deportiva más frecuentada de la ciudad", argumentou Tomás Abeigón para xustificar a moción.
O PP instará ao Concello a sacar a licitación un novo contrato no prazo de dous meses "con el objetivo de que se pueda ofrecer el servicio en el inicio de la próxima temporada", segundo sinalou o edil popular, para quen esta situación reflicte "la apatía de Lores para crear empleo".
A queixa do Partido Popular segue a liña da presentada no seu momento pola ausencia do mesmo servizo de cafetería no campo de fútbol da Xunqueira.