Manifestación o sábado contra a instalación "masificada e innecesaria" de 'lombos' no rural
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A nova plataforma veciñal O Rural Existe (#oruralexiste, nunha das variantes pensadas para a súa difusión a través das redes sociais) decidiu pasar á acción na súa protesta sobre o abandono do rural e contra a instalación de 'lombos' nas parroquias do rural. Este sábado 1 de xullo sairán á rúa nunha manifestación que partirá ás 11.30 horas da praza da Ferrería.
A manifestación reivindicará que o rural de Pontevedra está "abandonado" e gritará "non ós lombos', segundo anunciaron os seus promotores, unha plataforma á que se uniron un grupo de veciños das parroquias do municipio.
A protesta mostra o malestar veciñal coa "instalación masificada e innecesaria" de 'lombos' no rural de Pontevedra, en estradas provinciais que "son arterias principais das parroquias" e que "se atopan nun estado de conservación lamentable".
Respecto diso, reivindican que os habitantes do rural necesitan servizos básicos que non teñen e reformas que melloren a súa calidade de vida, "non obstáculos impostos sen consenso dos veciños", en alusión aos badenes que xa empezaron a instalarse.
A protesta contará co apoio de distintos colectivos veciñais como Outeiro do Castro de Verducido, Os Tres Pinos de Santa María de Xeve, San Martiño de Salcedo, Moldes- Mourente, a asociación cultural San Andrés de San Andrés de Xeve e taxistas e conductores de ambulancias.
Relacionadas:
-
O Concello asegura que o consello parroquial de Mourente respalda os novos lombos
Por Redacción |
-
A Plataforma "O Rural Existe" reclama menos lombos
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- O Pleno da Deputación recolle as protestas dos veciños do rural contrarios á instalación masiva de lombos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores nega abandono no rural: "Gastamos de media cinco veces máis por habitante que na cidade"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Nace unha plataforma veciñal para reivindicar que "o rural existe"
Por Redacción |
-
Verducido, "zona 80" por uns días
Por Alejandro Espiño |
-
Verducido e Santa María de Xeve rebélanse contra os lombos indiscriminados
Por Redacción |