Unha charla para profesionais e empresas avanza nos preparativos da misión comercial en México
Por Redacción
Os preparativos da próxima viaxe dunha delegación municipal a Cidade de México e da misión comercial de empresarios pontevedreses no país incluirán esta semana a organización dunha conferencia para profesionais e empresas sobre os procedementos a seguir á hora vender ou exportar.
A charla será ás 20.00 horas do xoves 29 de xuño na Casa da Luz. Correrá a cargo de Francisco Javier Balbín Botello, con 30 anos de experiencia na banca, na área de Negocio Internacional, e leva por título 'Negociar, vender e cobrar… tamén en México'.
O acto, organizado pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade e unha entidade bancaria, está destinado a todas as empresas interesadas en coñecer ou profundar na metodoloxía e cuestións a ter en conta nunha transacción comercial, sexa internacional ou doméstica.
O relatorio de Francisco Javier Balbín Botello porá a énfase nos procedementos a seguir á hora de vender ou exportar un produto ou servizo.
Por exemplo, no proceso de negociación e contratación comercial hai que fixar como facer a entrega ou a maneira de realizar o pago e as garantías que vai ter. Tamén se falará sobre a práctica financeiro-bancaria habitual en México.
Relacionadas:
-
México, na busca de empresas galegas que queiran investir no país
Por Alejandro Espiño |
-
Dez entidades, primeiras confirmacións para a misión comercial a México
Por Alejandro Espiño |
-
O Senado de México, interesado en Pontevedra para humanizar as súas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
As empresas que participen na misión comercial pagarán a súa viaxe e a súa estancia en México
Por Alejandro Espiño |
-
Lores cre que é "decepcionante" a actitude do PP respecto da misión comercial a México
Por Oskar Viéitez |
-
O PP levará ao pleno a "falta de transparencia" do Concello coa misión comercial a México
Por Redacción |