A Zona Monumental celebra o fin de curso cunha festa
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Cumprindo puntualmente coa súa cita cos máis pequenos, o Centro Comercial Zona Monumental organiza unha nova edición da súa gran festa infantil para celebrar o fin do curso escolar.
Celebrarase este venres 23 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Haberá rocódromo con escalada de 8 metros; inchables saloon e crocodilo; xogos tradicionais; ludoteca e talleres; circuíto pump track; tiro con arco; táboa de surf e touro mecánico.
Situaranse inchables repartidos polas diferentes zonas do centro histórico:
- Praza Curros Enríquez
- Praza Méndez Núñez
- Praza Valentín García Escudeiro
- Rúa Serra
E para finalizar haberá a tradicional festa da escuma, ás 19 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.