A Biblioteca Pública de Pontevedra presenta os seus obradoiros de verán
Por Oskar Viéitez
Como todos os anos coa chegada do verán, a Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola" celébrao cos máis pequenos cos "Obradoiros de Verán 2017", a cargo de Anias:
- De 4 a 7 anos: grupos de 25 nenos
- Expresión musical e construción de instrumentos
- Os mércores (5,12,19 e 26) de xullo de 11:00 a 12:30 horas
- Contos en inglés
- Os mércores (9,16,23 e 30) de agosto de 11:00 a 12:30 horas.
- Expresión musical e construción de instrumentos
- De 8 a 12 anos: grupos de 20 nenos
- Decoración con Scrapbook: crea o teu álbum
- Os xoves (6,13,20,27) de xullo de 11:00 a 12:30 horas.
- Robótica Lego
- Os xoves (10,17,24 e 31) de agosto de 11:00 a 12:30 horas.
- Decoración con Scrapbook: crea o teu álbum
As inscricións para estes obradoiros é gratuíta e fanse presencialmente na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 20 de xuño (en horario de 09:00 a 14:00 horas) e remata ao completar as prazas. Hai un límite de tres solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.
Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra (rúa Alfonso XIII, 3 - 36002 Pontevedra) ou no teléfono 886 159 250