Dous feridos en Caldas tras chocar un coche e unha moto
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas en Caldas tras chocar un coche e unha moto que circulaban pola PO-305, no cruzamento de Saiar. Os dous feridos foron trasladados polo persoal sanitario ao Hospital do Salnés.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 o suceso tivo lugar sobre as 19:30 horas deste domingo, un particular informaba do accidente ao 112 Galicia que, de inmediato, puxo en alerta aos servizos sanitarios de urxencia.
Ademais, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e informou os Bombeiros do Salnés e aos efectivos do GES de Valga e de Protección Civil da localidade. Tamén se requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.