O PP solicita ao concello "unha actuación inmediata" en toda a parroquia de San Salvador
Por Oskar Viéitez
A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón denunciou o "total abandono" de San Salvador por parte do goberno local e solicitou "unha actuación inmediata" na totalidade da parroquia.
Denuncian ademais o "deterioro e feísmo" das distinas zonas da parroquia e recordan que as últimas actuacións fíxoas "a Deputación do Partido Popular".
Trasladan a preocupación dos veciños polo estado do parque biosaudable da rúa da Escola, onde "a herba é máis alta que as máquinas".
"O entorno de Ferreirós, o Pazo de Besada, Viñas, Lourido, Porteliña... os veciños denuncian, as queixas van a comisión de urbanismo, e o bipartito non fai nada", resumiron.