Sanxenxo clausura o Degusta Tapas 2017
Por Redacción
Turismo de Sanxenxo celebrará un acto de clausura e entrega de diplomas Premio Públi 2017 de Sanxenxo, Degusta Tapas, o vindeiro martes 20 de xuño ás 17:30 horas no Real Club Náutico de Sanxenxo.
No acto, as tres tapas que recibiron máis votos do público en cada categoría (tapa tradicional, tapa creativa e tapa doce), participarán nunha final tipo showcooking, cun xurado profesional.
Os membros do xurado que este ano elixiu a Concellería de Turismo son Benigno Campos, do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, coñecido cociñeiro e autor de numerosas publicacións; Manicha Bermúdez, do Restaurante a Taberna de Rotilio e gañadora do Premio Picadillo 2017 do Fórum Gastronómico da Coruña, entre outros galardóns e Alberto Ribas, blogger gastronómico e de viaxes.
Unha vez acabada a deliberación do mesmo, daranse a coñecer tamén os establecementos gañadores do xurado popular, en cada unha das tres categorías sinaladas, entregándose os diplomas correspondentes, tanto da deliberación do público como do xurado profesional.
O concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, explicou que gustaríalle contar con todos os locais participantes nesta e outras edicións, posto que considera que todos eles son gañadores e verdadeiros protagonistas do concurso e que sen o seu esforzo e colaboración sería imposible levar 8 anos celebrándoo.
Así mesmo, convidouse tamén ao acto ás empresas colaboradoras do certame e ao Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, grazas ás cales se puideron sortear numerosos agasallos e premios entre o público participante.