Leiraparking de balde na praia de Aguete
Por Oskar Viéitez
Esta semana acondicionáronse varias parcelas na contorna da praia de Aguete que tratan de facilitar o aparcadoiro tan demandado nesta época do ano.
Desde a área de turismo e a través da asociación de San Blas fóronse buscando espazos que fosen aptos para aparcar e onde os seus propietarios facilitasen o poder deixalas para uso público estes meses de verán.
O Concello de Marín asegura que "o esforzo é importante" e permite contar cunhas zonas estratexicamente situadas na contorna deste areal tan visitado e utilizado.
Esta fin de semana xa se pode utilizar algún deles.
Relacionadas:
-
O PP recomenda alugar fincas particulares en Combarro para facer "leiraparquins"
Por Oskar Viéitez |
-
Marín ponse ao choio para arrombar as súas praias de cara o verán
Por Redacción |
-
Instauran o sentido único no vial de acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Eliminan especies invasoras do noiro entre Portocelo e Aguete
Por Oskar Viéitez |