O novo barco do rei Juan Carlos botouse en Sanxenxo
Por Redacción
Este venres botouse en Sanxenxo o novo barco do rei Juan Carlos. Unha embarcación da clase internacional 6M de José Álvarez, armador de orixe latinoamericana e fincando en Londres, coa tradicional rotura da botella na proa do barco e a bendición do párroco da localidade, Samuel García Tacón.
Desde hai un ano o seu armador vén xestando o proxecto de construción do novo barco da clase internacional 6M, na división modernos, para sumarse á frota española e comezar canto antes a posta a punto e os adestramentos.
"É unha gran honra que o rei don Juan Carlos aceptase o patronear este barco que representará a España no campionato do mundo en Canadá", declarou José Álvarez.
Deseñado polos arquitectos navais Juan Kouyoumdjian e Javier Cela, foi construído en Galicia nos estaleiros Garrido do Grove e navegará no próximo mundial da clase 6M en Vancouver (Canadá) representando a España baixo a grímpola do Real Club Náutico de Sanxenxo.
O barco participará neste campionato do mundo co nome de "Bribon Movistar" continuando desta forma coa tradición empezada por José Cusí en 1973.
Outro factor importante na área tecnolóxica está nas velas que se utilizarán no novo barco e que se fabricarán na velería de North Sails en Cuntis.
Ademais do rei Juan Carlos, armadores e tripulacións da frota 6M, asistiron á botadura os membros do equipo de construción de Estaleiros Garrido, así como o patrón maior da confraría de Sanxenxo, Sauro Martínez; os alcaldes de Sanxenxo, O Grove e Cuntis, Gonzalo Pita, José Antonio Cacabelos e Manuel Campos respectivamente; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Relacionadas:
-
Tarragona agarda por unha histórica barca de salvamento construída no Grove
Por Oskar Viéitez |
-
O Rei Juan Carlos I, fin de semana en Sanxenxo para recibir a licenza de honra de vela
Por Redacción |
-
Felipe VI, Cospedal e, probablemente, Juan Carlos I visitarán a Escola Naval o 2 de xuño
Por Redacción |
-
O pintor Fernando Búa regala ao rei emérito unha lámina do seu barco
Por Redacción |
-
Volven as regatas a Sanxenxo e con elas o rei emérito
Por Redacción |