Ponte Caldelas quenta motores para a Festa da Troita e degusta mil racións nas parroquias
Por Redacción
Máis dun milleiro de persoas participaron xa na rolda de degustacións previas á Festa da Troita postra en marcha polo Concello de Ponte Caldelas durante o mes de maio por todas as parroquias do municipio.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, a iniciativa, que se celebra por segundo ano, afronta a recta final superando amplamente as cifras da súa estrea. Este ritmo fai previsible que a previsión inicial de servir unhas 1.500 racións de troita vai quedar curta.
Nestas últimas semanas, xa tivo paradas en Buchabade, A Reigosa, A Insua, A Roca, Taboadelo, Forzáns, Anceu, Barbudo, Esfarrapada, Laxoso, Parada, Cuñas, Silvoso, Baltar, Tourón, Chaín, Paradela, Pazos, Vilarchán e Caritel.
O programa rematará o próximo venres despois de parar durante esta semana polas casas do pobo de Mirón, Rebordelo, Contixe, Regodobargo e Xustáns.
O colofón será durante a fin de semana coa celebración da LI Festa da Troita o sábado 27 e o domingo 28 de maio na Alameda de Ponte Caldelas
O alcalde, Andrés Díaz, considera que estas degustacións son oportunidades para a convivencia social e deixan anécdotas singulares, como a dunha octoxenaria que probou a troita por primeira vez na súa vida. "Só por iso xa paga a pena", considera.
Relacionadas:
-
Os populares ven "moi mellorable" a organización da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A Festa da Troita serviu 6.500 racións durante todo o mes, 3.000 esta fin de semana
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas renova a súa devoción pola troita
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha concentración cabalar preludiará a Festa da Troita
Por Redacción |
-
As primeiras 500 tapas da Festa da Troita terán pincho de balde
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa da Troita xa ten cartel para a súa 51 edición
Por Redacción |
-
A xira promocional da Festa da Troita polas parroquias contará con 25 paradas
Por Redacción |