Aprovéitase de que é insolvente para alugar maquinaria e logo vendela
Por Natalia Puga
A Garda Civil de Marín detivo dúas persoas que aproveitaban da nada positiva situación dun deles, ser insolvente, para alugar maquinaria, non a devolver e, a continuación, vendela a terceiros e repartirse os beneficios.
Segundo informaron fontes da Comandancia da Garda Civil, os detidos son Y.P.P., de 27 anos, e R.O.P., de 41, ambos os dous veciños de Marín. O seu arrestro se produo o 16 de marzo por un delito contra a saúde pública e tras pasar a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Marín quedaron en liberdade con cargos.
O delito cometérono dende principios deste ano 2013 nas localidades de Marín, Pontevedra, Cangas e Moaña.
En todas as súas actuacións seguiron o mesmo modus operandi. R.O.P. alugaba maquinaria ao seu nome e, como é insolvente, finalmente non a devolvía. A continuación, vendíana ambos os dous detidos e quedaban a medias o diñeiro que sacaban.
A Garda Civil de Marín continúa as xestións para recuperar maquinaria da que se apropiaron de forma indebida. Ata o momento, xa localizaron unha motoserra, unha rozadora, un xerador de corrente e unha hidrolimpiadora.