O Club Náutico de Aguete acollerá o primeiro Gran Torneo de Mus Cidade de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10:30 horas, as instalacións do Real Club Mar de Aguete acollerán a primeira edición do I Torneo de Mus Cidade de Marín.
Os organizadores aseguran que "acudirán parellas das catro provincias galegas, converténdoa en cita obrigada para todo afeccionado a este divertido deporte".
Entre os premios para repartir inclúense unha praza para o Máster Nacional de Mus, praza para o II Campionato Galego de Mus, praza para o PreMáster Provincial de Mus, ademais dunha ampla e orixinal selección de trofeos e premios, destacando un Curso de Vela e Bautismo de Mar.
O evento está organizado coa colaboración da Asociación de Mus Rías Baixas - MAR en colaboración co Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra.