A Xunta concede unha axuda para promover a igualdade das mulleres no mar
Por Redacción
A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial "Candieira ‐ Rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia".
O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte e Seo de Fisterra Ría de Muros‐Noia Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará unha rede colaborativa para promover ás mulleres do mar no ámbito galego.
A través da promoción e da activación da autoorganización e o apoio ao emprendemento, este proxecto busca unha maior gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro.
Porase en marcha un conxunto de programas de formación e de acompañamento de proxectos emprendedores que buscan mellorar as capacidades das mulleres en diferentes ámbitos vitais e profesionais.
Ademais constituirase unha rede de traballo e colaboración para a promoción de iniciativas e actividades orientadas a visibilizar e reforzar o papel das mulleres nas comunidades costeiras que quere ser un xeito de compartir recursos e optimizar custos á hora de poñer en marcha proxectos neste ámbito.
O proxecto contempla, entre outras accións divulgativas, a creación dun espazo web, que será unha das principais canles de difusión da actualidade do proxecto e das iniciativas que xurdan ao abeiro deste. Tamén se creará un catálogo de experiencias innovadoras e exitosas.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Un ano despois do cancro, a mariscar: "Esperan a que morra afogada. Unha pensión menos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O GALP Ría de Pontevedra presenta en Bueu o seu programa de axudas
Por Redacción |
-
Bueu recibirá máis de 100.000 euros para seguir rehabilitando o Estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |
-
Pontevedra e Meaño incorpóranse ao Grupo de Acción Costeira
Por Redacción |