Pontevedra reúne a escolas galegas e lusas asociadas á Unesco
Por Oskar Viéitez
Desde 2015, profesorado da rede de escolas asociadas á Unesco de Galicia, Portugal e Cabo Verde vén traballando no Proxecto Atlántico, unha iniciativa que busca xerar unha comunidade educativa a ambas beiras do océano que traballe conxuntamente nos eixos da sustentabilidade, a diversidade cultural e a idea dunha cidadanía global.
O seu obxectivo final é que esta iniciativa opte a converterse nun dos Proxectos Faro da organización das Nacións Unidas, aqueles que a Unesco propón á comunidade educativa a nivel global.
Para avanzar na definición de propostas e actividades, profesorado de diferentes centros galegos e lusos adheridos a unha rede da que forman parte oito centros en Pontevedra reúnense este venres e o sábado no Pazo da Cultura no III Encontro Atlántico das Escolas Unesco.
A coordinadora da rede PEA-Unesco en Galicia, Luísa Márquez puxo o acento en que o propósito central desta iniciativa é "xerar unha grande comunidade educativa de investigación e de intercambio", que, baixo un mesmo marco teórico, reúna a profesorado das dúas beiras do Atlántico co propósito de desenvolver iniciativas dirixidas á "transformación das escolas, con cambios metodolóxicos que nos poñan no camiño do horizonte 2030".
Relacionadas:
-
Escolas asociadas á UNESCO participan nunhas xornadas no Pazo da Cultura
Por Diego Espiño |
-
O IES Luís Seoane, recoñecido co Premio Nacional Convivencia Escolar
Por Redacción |
-
RADIO.- Luisa Márquez, reivindicativa por natureza
Por Marisa Ciordia |
-
A Facultade de Ciencias da Educación celebra o seu ingreso na rede de Escolas Unesco
Por Redacción |