Unha condutora resulta ferida leve nunha saída de vía con envorcadura en Ponte Caldelas
Por Redacción
Ao redor das 08.45 horas da mañá deste martes 9 rexistrábase un espectacular accidente no lugar de Cuñas á entrada de Ponte Caldelas.
Un vehículo no que se trasladaba unha muller saíu da vía e envorcaba na beiravía da estrada de entrada á vila, segundo a información facilitada pola Policía Local
A condutora circulaba pola avenida de Pontevedra e por causas aínda por determinar perdeu o control do turismo. A vítima do accidente saíu consciente do vehículo e foi trasladada por unha ambulancia a un centro hospitalario para someterse a un recoñecemento médico e avaliar as feridas sufridas.
Á espera do atestado policial, a zona na que sucedía o accidente trátase dunha recta con boa visibilidade e non figura como un punto negro de sinistralidade.