O Concello de Ponte Caldelas achegará gratuítamente medicamentos a familias sen recursos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ao longo deste 2017, Ponte Caldelas ofrece a posibilidade a aquelas familias sen recursos económicos e con menores ao seu cargo de conseguir gratuitamente os medicamentos que precisen.
O goberno local tripartito accedeu á liña de subvencións convocada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para axudas a familias con menores para compensarlles os gastos farmacéuticos.
As familias deben presentarse antes do 15 de novembro nas oficinas dos servizos sociais municipais para recoller a información necesaria e presentar as facturas dos medicamentos. Obterán o abono do 40% que pagasen na farmacia para os medicamentos prescritos a través da receita médica e financiadas polo sistema nacional de saúde.
É imprescindible para acceder a estas axudas atoparse empadroados no termo municipal de Ponte Caldelas.
A convocatoria establece que a dotación total coa que se atenden as subvencións está cofinanciada pola Consellería de Política Social ao 80% e polo Concello ao 20%.