Tres mozos, feridos de madrugada en Cambados nun accidente de circulación
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/aca/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/590ed69400-img-20170507-wa0002.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/10f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/590ed6b553-img-20170507-wa0004.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Tres mozos resultaron feridos tras un forte impacto que se rexistraba durante esta noite de domingo na estrada PO-549 ao seu paso por Corbillón, no municipio de Cambados.
Por causas aínda por determinar, os dous turismos impactaban de maneira frontal. No Opel viaxaba un veciño de Cambados, de 27 anos, que sufría dor cervical, lumbar e queixábase dunha forte dor nunha das pernas, segundo fontes do servizo de Emerxencias.
No outro vehículo, un Seat, viaxaban dous irmáns. O condutor, de 21 anos, veciño de Cambados, doíase das cervicais e do tórax. Pola súa banda, a irmá, menor de idade e tamén veciña de Cambados, sufría dor torácica, lumbar e cervical.
Como consecuencia da violencia do impacto tamén se causaron danos nun terceiro vehículo e foi derrubada unha farola.