A Xunta mellora o firme nas estradas de acceso ao Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A PO-316, a principal vía de acceso ao Grove, soporta unha media diaria de 11.252 vehículos, unha afluencia que se ve incrementada notablemente nas épocas de vacacións. Por iso, a Xunta decidiu poñer fin ao mal estado que presentan algúns dos seus tramos.
O goberno galego investirá 60.500 euros na mellora do firme desta estrada. As obras comezaron este mércores, segundo informou a Xunta nun comunicado.
Os traballos permitirán mellorar o pavimento existente a través da execución de microaglomerado en frío. Segundo explica a Xunta, o problema deste tramo é que o pavimento está fisurado lonxitudinalmente, especialmente en zonas de rodada.
Nesta estrada, as obras execútanse entre os puntos quilométricos 2,560 e o 5, é dicir, ao longo de dous quilómetros e medio de lonxitude.
Dentro de este proxecto atópase tamén a mellora da pavimentación dun tramo da vía de alta capacidade do Salnés, entre os quilómetros 19,620 e o 20,800, no concello de Sanxenxo.
Estes traballos permitirán poñer en marcha medidas preventivas y paliativas sobre o pavimento, procedendo ao seu selado mediante a execución dun microaglomerado en frío dunha soa capa que impedirá a entrada de auga na sección do firme, minimizando así o seu deterioro e alargando a súa vida.
Os traballos na vía rápida comezarán unha vez rematen os que comezaron na PO-316.