Joyamar celebra os seus 25 anos en Pontevedra cun "restyling"
Joyamar, a xoiería de referencia en Pontevedra, renova as súas instalacións. E faino adoptando a tendencia do "restyling", é dicir, redeseñar os seus espazos mantendo a esencia da firma orixinal.
Esta nova etapa coincide, ademais, cunha celebración moi especial: o 25 aniversario de Joyamar en Pontevedra.
Os seus fundadores, Florentino Alba e María Ángeles Ezpeleta, montaron a súa primeira xoiería en Venezuela, en 1975. A principios dos anos 90, decidiron regresar a España. Foron uns comezos difíciles, con dous fillos pequenos. Pero contaban cunha experiencia sólida no mundo da xoiería e quixeron continuar co negocio en Pontevedra, mantendo o mesmo nome e filosofía de coidado do produto, calidade e atención ao cliente. Iniciaba unha nova andaina Joyamar, en novembro de 1992, na céntrica rúa Benito Corbal, no número 34.
25 anos despois de asentarse na cidade do Lérez, son os fillos dos fundadores os que toman a testemuña deste proxecto familiar. Sen esquecer os seus referentes, Andrés e Javier Alba Ezpeleta dan un paso máis cunha reforma integral do local. O obxectivo é dotar ás instalacións de máis espazo e unha decoración innovadora, á vez que cálida e próxima, onde o cliente poida vivir toda unha experiencia.
Esta nova etapa chega con marcas que responden ás últimas tendencias no mundo da xoiería. Incorpora á galega Ardentia, especializada en xoias de deseño en prata, e Pedro Durán, unha das firmas máis reputada en ourivaría de prata, onde destacan os seus marcos.
Joyamar segue apostando polos seus produtos estrela, como son as alianzas de voda, os aneis de pedida e a xoiería de alta calidade e deseño. Sen esquecer a ampla gama de reloxos, onde destacan marcas de referencia como Wenger, Viceroy, Elixa e WatxandCo. En breve, incorporarán máis firmas, sempre na vangarda do mercado.
Joyamar, unha filosofía de estilo, deseño e servizo, que aspira a celebrar cos seus clientes moitos aniversarios máis.