O martes haberá un peche puntual na avenida da Coruña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Por mor da reposición da capa de aglomerado nun punto da Avenida da Coruña, é preciso o peche da mesma durante tres horas.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, o peche será este martes 2 de maio dende as 9:30 horas ata as 12:30 horas, coa finalidade de minimizar o impacto sobre a mobilidade motorizada.
Para garantir a mobilidade dos residentes e a circulación de paso, está previsto un dispositivo especial.