Solucionan as inundacións en dúas casas de A Roca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas continúa corrixindo os múltiples problemas existentes na rede de recollida de augas pluviais do municipio. Durante a pasada semana, os operarios municipais traballaron no lugar de A Roca para solucionar as inundacións que afectaban a dúas vivendas unifamiliares.
Na parte alta de A Roca colocáronse novos tubos, de maior sección, para absorber as augas dos días de fortes choivas e evitar así os desbordamentos. Na parte baixa do pobo realizouse a mesma operación para dar saída as augas e reparouse un muro de contención.
O goberno local caldelán está a realizar este tipo de obras por todo o municipio, dando así resposta ás peticións veciñais. Aínda que non foi o caso da mellora realizada en A Roca, en varios lugares si foi preciso mesmo reparar obras recentes realizadas polo anterior goberno municipal, porque a sección dos tubos colocados non era suficiente.
O alcalde, Andrés Díaz, anticipa que continuarán realizándose este tipo de actuacións, moi necesarias en varios núcleos situados en pendente e confía en ter todos os casos solucionados ao longo deste mandato municipal.