A gran palillada pontevedresa reúne a máis de 1.300 artesás
Por Cristina Saiz
O Encontro de Palilleiras abarrotou este domingo o recinto feiral con asociacións de encaixe de palillos de toda Galicia. A asociación A Feitiña leva doce anos organizando este evento no que reuniron máis de 1.300 artesás.
Quen acudiu á cita pontevedresa aproveitaron para intercambiar coñecementos e técnicas sobre esta modalidade de confección con palillos, houbo tamén ocasión de adquirir complementos e ferramentas desta arte, mentres que o público asistente puido admirar e comprar pezas confeccionadas con esta técnica.
Mantelerías, xogos de cama, mantóns e colchas elaboradas con esta técnica son pezas dunha calidade única que, loxicamente, repercute no seu prezo. Xogos de cama, roupa de bebé, complementos como pulseiras ou aneis e mesmo ligas de noiva eran outros artigos que se puideron ver no recinto da Xunqueira.
O público asistente puido observar ademais como é a arte de tecer encaixe con palillos, o bordado ao aire, as vainicas e diversas modalidades de bordado e ganchillo.