Corte de tráfico na rúa Joaquín Costa
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra informou que debido á necesidade de acometer obras de reparación de deficiencias na calzada é necesario pechar a rúa Joaquín Costa no tramo entre Uxío Novoneira e Antón Fraguas.
O peche será efectivo o martes 19 de 15 a 20 horas.
O acceso a garaxes realizarase desde a rúa Antón Fraguas supervisado polos operarios da obra.
O Concello prevé destinar os 241.000 euros do contrato de mantemento de vías urbanas a actuacións nunha quincena de rúas. A maior parte destas actuacións serán para reparar fochancas na calzada, estragos en beirarrúas ou rebaixar barreiras arquitectónicas.