Os alumnos do curso de socorrismo continúan a súa formación en Marín e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
Estase a desenvolver o módulo de rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais, que está a ter lugar nas praias de Marín e que levou ao alumnado do curso ata Vilagarcía de Arousa, onde poideron experimentar co material de Protección Civil da localidade arousana e onde tamén tivo lugar o bautismo de buceo.
O obxectivo destas actividades é que o alumnado poida coñecer e familiarizarse co uso de diferentes recursos e medios de rescate co que poden atoparse nas praias, tales como, quads, padiola de moto de auga, padiola de inmovilización, ambulancia, embarcación mediana (5,20 metros) e embarcación grande (12 metros).
O vindeiro 5 de maio comezará o último dos módulos, primeiros auxilios, antes do comezo do período de prácticas.
Para a celebración do curso, o Concello de Marín recibe unha subvención por parte da Consellería do Mar ó abeiro da orde do 24 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.