Cheo no campus pontevedrés coa celebración de Santa Kata
Por Redacción & Mónica Patxot
Como cada última semana do mes de abril, a zona universitaria acolleu a tradicional celebración de Santa Kata, coincidindo coa patroa da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Miles de mozos comezaron a encher o campus pontevedrés desde primeira hora da tarde do xoves para gozar dunha festa que se prolongou ata ben entrada a noite na zona universitaria e continuou nos locais de lecer nocturno da cidade.
A organización tiña programadas diversas actividades, desde un photo call a diferentes xogos e actuacións, como o concerto do grupo Atlantic e de varios DJs. Ademais contaba con barra e un posto de venda de merchandising.
A festa repetiu imaxes que se volveron habituais neste tipo de concentracións, con grupos de mozos facendo botellón en diferentes recunchos do campus.