Os primeiros militares españois en Afganistán volverán a casa a próxima semana
Por Oskar Viéitez
As tropas españolas despregadas en Afganistán fixeron esta semana o primeiro convoi para repregar material, vehículos e persoal ata Herat, desde onde porán rumbo a España. En concreto, o vindeiro martes regresarán 45 efectivos, despois de que os militares pechasen os seus dous postos de combate na provincia de Badghis.
Segundo informou o Estado Maior da Defensa na súa páxina web, adiantándose ao previsto nos primeiros plans, o continxente español en Afganistán, ASPFOR XXXII, comezou a trasladar material á base que mantén España en Herat, con obxecto de ser repatriado.
Persoal procedente de distintas unidades xa foi desactivado e está tamén en Herat pendente de tomar un avión rumbo a España.
Concretamente entre os días 12 e 14 de marzo organizouse un convoi; o do primeiro día transportouse vehículos tácticos e persoal, e o do segundo día colectores con diverso material. Os vehículos logo de ser revisados foron transportados en configuración de combate, por ser desta forma a que menos sofren os vehículos polo mal estado das estradas nesta zona de Afganistán. Neste convoi empregáronse os vehículos tipo Husky para limpeza de rutas, recientemente adquiridos por España para aumentar a protección das nosas tropas fronte aos artefactos explosivos improvisados.
O convoi tardou 13 horas en percorrer 157 km "isto fai que sexa un suplicio para todos", aseguran.
Relacionadas:
-
Bye bye Moqur... A Brilat protagoniza un novo hito no repregamento de Afganistán
Por Redacción |
-
A Brilat colabora coas forzas afganas en dúas operacións que culminan coa morte de 35 insurxentes
Por Redacción |
-
O xeneral da Brilat desprázase a Afganistán nun momento crave para o repregamento das tropas españolas
Por Natalia Puga |