Ollo, isto non se toca! Son trampas para eliminar avespas asiáticas
Por Redacción
Sanxenxo ten en marcha unha campaña para eliminar a avespa asiática, a especie invasora que está a exterminar colmeas de abellas en toda Galicia e causando graves alteracións no ecosistema.
Están a instalarse 50 trampas, colocadas en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, AGA, que se puxeron en contacto co servizo municipal para advertir da presenza de niños secundarios, reciben agora o material para a instalación das trampas.
Os apicultores deberán manter as trampas e despois devolvelas mentres que a administración comprométese a achegar o líquido para atraelas e encárgase de cambialo cando resulta necesario.
A metade das trampas foron distribuídas entre apicultores mentres que o resto son colocadas polo Servizo Municipal de Emerxencias en diferentes puntos do municipio.
Tamén se están levando a cabo charlas informativas nos colexios do municipio para explicarlles aos escolares como identificar os niños primarios, que se forman entre febreiro e abril. A captura da raíña evita a formación de 50. Durante estas charlas, explícaselles aos estudantes como deben actuar en caso de atoparse cun niño. Nestes casos, recoméndase chamar ao 012 e non achegarse nin retiralo.