Ferido un veciño de Vilagarcía ao ser atropelado por un motocultor
Por Redacción
Un home resultou ferido este luns en Vilagarcía tras ser atropelado polo motocultor que manexaba, segundo informou o servizo de emerxencias 112.
No momento de producirse o accidente, o home atopábase traballando nunha leira particular, situada no lugar de Fontecarmoa, onde o lavadoiro. Así o relataba o particular que chamou, sobre as 09:30 horas, ao 112 Galicia para pedir axuda.
Foi a partir de aí cando desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a intervención de Urxencias Médicas e dos Bombeiros de Vilagarcía. Tamén se informou do suceso á Policía Nacional e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
O home foi trasladado ao Hospital do Salnés polo persoal sanitario.